
Cada un tentámolo como puidemos, saltando, chocando, golpeando,...ata que se nos ocorreu pisalas!! e funcionou, claro, a profe tamén axudou con outras técnicas que só poden usar os maiores, je,je


E DECIDIMOS PROBALAS ¡QUÉ BOAS ESTÁN AS NOCES!!
Dende logo, blogueiros, a partir dese día mareamos todos os días á profe Paula a ver cando nos trae máis noces desas tan ricas da nogueira da súa avoa.
Deixamos unha de cascas,... pero...rápidamente lles buscamos uso...

PRIMEIRO:

CONTALAS e logo PINTALAS:

e repintalas...

E DEIXÁMOLAS SECAR... mentres xa se nos ocorren mil cousas para facer, seguide atent@s amig@s blogueir@s que continuamos pronto...
1 comentario:
Ola Bolboretas! Son Saleta a profe que ten destinosaleta. A verdade que estou comezando e vou un pouco lenta xa que non temos internet na aula.@s meus nen@s tamén son de 3 anos. En que cole estades vos? seguiremos en contacto. Saudiños!
Publicar un comentario