jueves, 8 de noviembre de 2007

SEGUIMOS INVESTIGANDO...

Claro, Afri meteu as mans cheas de cabaza na boca e gustoulle tanto que quería tamén comer as pipas. Entón buscamos como se prepara a CABAZA e descubrimos que pode ser doce, en sopa, cocida, en chulas... e María, que a verdade, xa se cansara de tanta CABAZA, foi ao Recunho da Información e quedou mirando para a profe: "Paula, aquí tamén hai NOCES, e cómense?", "pois claro, a ver quén é capaz de abrilas" e alí fomos tod@s emocionados...
Cada un tentámolo como puidemos, saltando, chocando, golpeando,...ata que se nos ocorreu pisalas!! e funcionou, claro, a profe tamén axudou con outras técnicas que só poden usar os maiores, je,je

E DECIDIMOS PROBALAS ¡QUÉ BOAS ESTÁN AS NOCES!!
Dende logo, blogueiros, a partir dese día mareamos todos os días á profe Paula a ver cando nos trae máis noces desas tan ricas da nogueira da súa avoa.
Deixamos unha de cascas,... pero...rápidamente lles buscamos uso...

PRIMEIRO:

CONTALAS e logo PINTALAS:

e repintalas...


E DEIXÁMOLAS SECAR... mentres xa se nos ocorren mil cousas para facer, seguide atent@s amig@s blogueir@s que continuamos pronto...

1 comentario:

Saleta dijo...

Ola Bolboretas! Son Saleta a profe que ten destinosaleta. A verdade que estou comezando e vou un pouco lenta xa que non temos internet na aula.@s meus nen@s tamén son de 3 anos. En que cole estades vos? seguiremos en contacto. Saudiños!