Ferramenta para empregar en Infantil ou con nen@s n.e.a.e.
Por qué o Son das Bolboretas?
Porque ... as bolboretas son tan riquiñas!. Párate a pensar: parecen flores que voan. Hainas de moitas cores, de unha soa cor, grandes, pequenas, por todas partes, tanto en lugares fríos e alonxados coma nos calurosos. Hainas tímidas, espontáneas, briosas, enclenques, nocturnas con ganas de festa e diurnas con gañas de coñecer o mundo e tamén as hai con medo de saír da casiña para explorar o que lles rodea. En todo o mundo habitan millóns destes animais tan espléndidos e maxestuosos. Pasmamos tod@s cando nos atopamos con algunha, como unha especie de reverencia o noso silencio acode rápido por mor de espantala. Son tan misteriosas...parece que o sabemos todo en canto a elas, que xa está todo estudado, que non queda moito máis por coñecer, ata que, de súpeto nos preguntamos: e cómo será o son da bolboreta? Esto mesmo ocorre na escola, cos nosos pequenos "proxectos de bolboretas". Cremos que o sabemos todo acerca deles, pero....qué equivocados estamos, e de súpeto pasmamos e decidimos axudalos a crecer como maravillosas bolboretas, sempre coa ilusión de que nos sorprendan co seu son particular. Pois ben, querid@samig@os "bloggeiros", anímovos a que compartades con nós o voso aleteo particular.
3 comentarios:
Ola Bolboretas! Tedes un blog moi chulo así que estaremos en contacto. En que cole estades? Saudiños dende Moraña
Un saúdo GRANDE!! fíxonos moita ilusión saber que nos seguides. Un besiño
Que bonito blog. Parabéns Paula e grazas por visitar o meu (Ensino en galego).
Publicar un comentario