Investigacións e descubrimentos dos nenos e nenas da profe Paula
viernes, 26 de octubre de 2007
E MONI TROUXO MILLO...
pero qué raro!! dixemos todos cando o vimos. Ninguén se atrevía a tocar ata que Alex que é puro nervio se decidiu a facer o que todos estaban desexando...ESFOLLALO e DEBULLALO, cheiralo, tocalo, escoitalo...
Ferramenta para empregar en Infantil ou con nen@s n.e.a.e.
Por qué o Son das Bolboretas?
Porque ... as bolboretas son tan riquiñas!. Párate a pensar: parecen flores que voan. Hainas de moitas cores, de unha soa cor, grandes, pequenas, por todas partes, tanto en lugares fríos e alonxados coma nos calurosos. Hainas tímidas, espontáneas, briosas, enclenques, nocturnas con ganas de festa e diurnas con gañas de coñecer o mundo e tamén as hai con medo de saír da casiña para explorar o que lles rodea. En todo o mundo habitan millóns destes animais tan espléndidos e maxestuosos. Pasmamos tod@s cando nos atopamos con algunha, como unha especie de reverencia o noso silencio acode rápido por mor de espantala. Son tan misteriosas...parece que o sabemos todo en canto a elas, que xa está todo estudado, que non queda moito máis por coñecer, ata que, de súpeto nos preguntamos: e cómo será o son da bolboreta? Esto mesmo ocorre na escola, cos nosos pequenos "proxectos de bolboretas". Cremos que o sabemos todo acerca deles, pero....qué equivocados estamos, e de súpeto pasmamos e decidimos axudalos a crecer como maravillosas bolboretas, sempre coa ilusión de que nos sorprendan co seu son particular. Pois ben, querid@samig@os "bloggeiros", anímovos a que compartades con nós o voso aleteo particular.
1 comentario:
Na nosa terra os coscos chamámoslle casulas.
Publicar un comentario