viernes, 30 de noviembre de 2007

CHEGOU O DÍA!!!


MIRADE QUÉ BEN NOS QUEDARON OS CADROS DO OUTONO!!

estamos tan content@s co noso súper cadro do outono que xa estamos pensando en repetir...

Para facelo, buscamos en Internet fotos de moitas paixases de outono en Galicia e OBSERVAMOS que as cores que máis se repetían eran o AMARELO, o VERMELLO, o MARRÓN e un pouco de VERDE...

Cánto descubrimos...

que no outono hai moitas FOLLAS voando...




























e tamén que hai moitas FOLLAS diferentes, de carballos, das castiñeiras...














qué chuli o ruido das folliñas ao romperse, despois de recollelas no patio, deixámolas secar na árbore da clase.

Logo decidimos entre todos que llas iamos poñer á folla do carballo...

















...As MAZÁS caen da árbore ao chan...













E aprendimos unha poesía, ¡ Puxémoslle ao lado un porco espiño!!

E unhas cousiñas máis...






Ahí van algunhas fotiños máis...








martes, 27 de noviembre de 2007

REMATANDO O PROXECTO DO OUTONO...






Pois sí, amiguiños blogueiros, vaise achegando o momento de voar a outros lares, polo que vos ensinamos unha pequena mostra dos últimos pasos do outono...















Cómo nos gustou xogar a partir as folliñas que recollimos no patio!! facían moito ruido e a profe tamén nos dixo que as podiamos ulir...e mañá unhas poucas imaxes máis...

lunes, 19 de noviembre de 2007

EXPERIMENTOS NOVOS...

Pois sí, amiguiñ@s blogueir@s, estes días foron moi intensos para os nosos sentidos, para aprender vocabulario novo e saborear novas froitas: MAZÁ, MAMBRELO, CAQUI, MANDARINA, LARANXA, AVELÁS, FIGOS, CASTAÑAS, NOCES, ...;

para descubrir o noso nome e o nome das cousas do outono: CHOIVA, VENTO, BOTAS, PARAUGAS, FOLLAS, CASTIÑEIRA, CARBALLO,...

para descubrir ata onde somos capaces de saltar, xa sabemos se algo está FÓRA ou dentro, ARRIBA e ABAIXO...cantando moitas cancións e xogando a bailar. Estamos todos moi contentos porque apareceu na clase un cabalete como os dos pintores, e díxonos a profe que podemos pintar o que queiramos , e que estaría ben que investigasemos para saber cáles son as cores do OUTONO, así que neo andamos estes días. Pronto colgaremos as fotos, para que vexades qué ben o pasamos.

viernes, 9 de noviembre de 2007

E despois de pintalas...

Pois vamos a facer barquiños e mirar se flotan...

jueves, 8 de noviembre de 2007

SEGUIMOS INVESTIGANDO...

Claro, Afri meteu as mans cheas de cabaza na boca e gustoulle tanto que quería tamén comer as pipas. Entón buscamos como se prepara a CABAZA e descubrimos que pode ser doce, en sopa, cocida, en chulas... e María, que a verdade, xa se cansara de tanta CABAZA, foi ao Recunho da Información e quedou mirando para a profe: "Paula, aquí tamén hai NOCES, e cómense?", "pois claro, a ver quén é capaz de abrilas" e alí fomos tod@s emocionados...
Cada un tentámolo como puidemos, saltando, chocando, golpeando,...ata que se nos ocorreu pisalas!! e funcionou, claro, a profe tamén axudou con outras técnicas que só poden usar os maiores, je,je

E DECIDIMOS PROBALAS ¡QUÉ BOAS ESTÁN AS NOCES!!
Dende logo, blogueiros, a partir dese día mareamos todos os días á profe Paula a ver cando nos trae máis noces desas tan ricas da nogueira da súa avoa.
Deixamos unha de cascas,... pero...rápidamente lles buscamos uso...

PRIMEIRO:

CONTALAS e logo PINTALAS:

e repintalas...


E DEIXÁMOLAS SECAR... mentres xa se nos ocorren mil cousas para facer, seguide atent@s amig@s blogueir@s que continuamos pronto...

e..tachán, tachán...

e máis...

miércoles, 7 de noviembre de 2007

o prometido é deuda...

De seguido veredes o proceso que fixemos para facer as nosas cabazas, despois de coller ideas coa profe en Internet; é moi facil, poñemos CABAZAS e sae todo!!

domingo, 4 de noviembre de 2007

Correximos: SEGUIDE ATENT@S...

En breve publicaremos as fotos tan chulis da nosa faena particular para o Samaín...PASÁMOLO DE MEDO...

SEGUIDE ATENTOS...

En breve cargaremos as fotos tan chulis da nosa faena particular para o Samaín

Hola blogueir@s!

Estes días andamos a probar unha ferramenta nova moi interesante para facilitar o traballo en Infantil e con nenos e nenas n.e.a.e., é o Sonoweb, recoméndovos que o probedes...

viernes, 2 de noviembre de 2007

FACEMOS A NOSA PRIMEIRA RECEITA!!!!!




A profe Paula axudounos a investigar na rede, para que sirve o millo ademáis de facer fariña e outras cousas, cando dixo que podiamos facer PALOMITAS, berramos todos de alegría e puxémonos en marcha. Primeiro averiguamos cales son os ingredientes:

















Tamén aproveitamos para probar o sal...

















Por suposto, a nosa súper profe, avisounos moito do perigo que podía haber, pero tod@s o entendimos moi ben, e quedamos sentadiños mentres esperábamos que sairan e....












TACHÁN, puxémonos morados... qé ricas estaban... e todos os días lle preguntamos a ver cándo facemos máis.