miércoles, 31 de octubre de 2007

QUÉ DÍAS MAIS CHULIS...














Pois sí, amiguiñ@s, estas son as imaxes do ben que o pasamos e de canto aprendimos. Comenzando polas letras que levan MILLO e TRIGO...

Primeiro ESFOLLÁMOLO e logo DEBULLÁMOLO:


Pasámolo xenial e descubrimos que a MAZORCA ten unhas follas que se chaman COSCOS.
Tamén descubrimos as BARBADELAS, os grans e o CAROZO, e... sabedes que se nos ocurriu facer co millo?? Mirade, mirade:










viernes, 26 de octubre de 2007

E MONI TROUXO MILLO...

pero qué raro!! dixemos todos cando o vimos. Ninguén se atrevía a tocar ata que Alex que é puro nervio se decidiu a facer o que todos estaban desexando...ESFOLLALO e DEBULLALO, cheiralo, tocalo, escoitalo...

...E DESCIBRIMOS QUE...



os celíacos non poden comer nada que leve fariña de TRIGO, a profe nos suxire seguir investigando, BUSCAMOS INFORMACIÓN e atopamos que tamén hai fariña de MILLO que sí que poden comer!!pero estamos un pouco confundidos...polo que xogamos a buscar as diferenzas...


...Qué interesante!! e CONCLUÍMOS que case todos os alimentos que coñecemos levan TRIGO e... volvímonos preguntar..¡Cáles serán os que levan o MILLO? e foi xenial...

COIDADO CO QUE COMEMOS!

Qué tema máis interesante!! contounos a profe que no cole hai unha nena celíaca, e nós preguntámonos qué era iso, pois ben, expliconunos que non pode comer as cousas que nos comemos, polo que decidimos INVESTIGAR....

domingo, 21 de octubre de 2007

Logo de pór a andar as nov@s bolboretiñ@s

E cómo non!! despois de ver cánto amorriñamos as nosas crisálidas quentiñas arroupadiñas polas nosas naiciñas, paiciños, avoiñas,coidadoras... pataplaf! aterrizamos neste novo mundo que é a escola.
Durante uns días estivemos explorando o novo horizonte se abre ante nós, definindo espazos, coñecendo compañeir@s de viaxe, collendo algúns hábitos e despregando as ás xa que nos agardan uns descubrimentos alucinantes coa nosa profe Paula.